A intelixencia matematica é a capacidade de razoamento para
resolver problemas relacionados cos números e as relacións que se poden
establecer entre eles, así como para pensar seguindo as regras da lóxica.
Esta intelixencia é útil para atopar a información
importante dun texto, facer esquemas e resumos, realizar gráficas, seguir
secuencias numéricas lóxicas, descifrar códigos, traballar con símbolos e
fórmulas abstractas, etc…, e atópase nos economistas, inxenieros, científicos,
etc.
A intelixencia naturalista é a capacidade de percibir as relacións entre as especies e grupos de obxectos e persoas recoñecendo as posibles diferenzas ou semellanzas entre eles. Especialízase en identificar, discernir, observar e clasificar membros de grupos ou especies da flora e fauna.Está presente en ambientólogos, biólogos, zoólogos, botánicos, paleontólogos, entomólogos, ornitólogos, agrónomos, veterinarios…
A Intelixencia Interpersoal é a nos permite entender aos demais e interactuar con eles.Poder comprender os estados de ánimo e desexos para conseguir unha mellor comunicación. Os que teñen esta intelixenxia son populares, teñen moitos amigos e relaciónanse moi ben cos compañeiros de traballo.
A
IntelixenciaMusical é a capacidadede percibir, discriminar, transformar e expresarse mediante as formas
musicais, así como para ser sensible ao ritmo, ao ton e ao timbre.
Favorece a adquisición de destrezas motrices: coordinación, lateralidade,
percepción e comprensión espaciotemporal e no desenvolvemento lingüístico para reter estruturas lingüísticas e
asimilalas nas súas realizacións fonéticas.
Aproveitemos as súas posibilidades e...démoslle unha oportunidade á música!
4º e 5º
Os alumnos
de 4º e 5º traballamos a intelixencia
musical no mes de decembro. Xunto co resto do alumnado do colexio,
asistimos a un obradoiro de percusión
con materiais de refugallo no que participamos, disfrutamos e aprendemos
que podemos facer música con todo o que nos rodea, e unha vez máis deixar
crecer a nosa imaxinación e creatividade.
A Intelixencia Visual-Espacial é a capacidade de pensar e percibir o mundo en imaxes. Supón certa facilidade para captar o espazo físico e as formas, así coma de orientarse.
As habilidades desta intelixencia son: a planificación, a visualización de movementos e figuras no espazo, a organización de coñecementos e a lectura de mapas.
A INTELIXENCIA LINGÜÍSTICO-VERBAL permítenos comunicar, expresando con claridade pensamentos e sentimentos. Relacionar ideas e expresalas con palabras. Comprender, expresar e apreciar significados complexos.
É a habilidade que nos permite recordar, analizar, resolver problemas, planificar e crear.
Ademais é unha característica humana indispensable para a convivencia social.
Educación Física
Educación Infantil
Educación Infantil
4º / 5º / 6º Curso
No mes de outubro, traballando a competencia lingüística volvímonos algo poetas…
Velaquí algunhas das nosas creacións.
Educación Artística
1º Curso
Existen moitas formas para comunicarnos, e os alumnos de 1º, quixemos aprender unha das máis silenciosas...
A INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA é a habilidade para utilizar o noso corpo, tanto como medio de expresión, coma de medio para captar información. É unha forma de aprender e comprender a través da experimentación.
Algunhas das habilidades que destacamos desta intelixencia son a coordinación, o equilibrio, a velocidade, a forza, a destreza e a capacidade para manipular obxectos.
Educación Artística
3º Curso
Educación Física
4º e 5º de Infantil
6º de Infantil
4º e 5º Curso
Os alumn@s de 4º e 5º de E.P. no mes de setembro
traballamos a intelixencia cinestésico-corporal, para o cal nos centramos na MÍMICA.
A MÍMICA é un tipo de
expresión oucomunicación non verbalna que se recurre a xesticulacións e movementos corporais
para transmitir unha idea.
Investigamos
sobre o tema e descubrimos a MARCEL
MARCEAU, destacado mimo francés. Convertímonos en mimos e grabamos uns
vídeos que esperamos que vos gusten.
1º Curso
As familias
6º Curso
Comezamos un novo curso, con novas ilusións e novos proxectos por levar a cabo, un deles (na clase de 6º) é mellorar as relacións entre compañeiros. Aproveitando o traballo da intelixencia cinética levamos a cabo unha dinámica de grupo que nos pareceu moi divertida: cada alumno tiña que escribir no lombo de cada un dos seus compañeiros o que pensaba del. Aquí vos deixamos parte do movido proceso. Unha vez rematado analizamos os resultados en común, enxalzando os aspectos positivos que cada un ve en nós.