A INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA é a habilidade para utilizar o noso corpo, tanto como medio de expresión, coma de medio para captar información. É unha forma de aprender e comprender a través da experimentación.
Algunhas das habilidades que destacamos desta intelixencia son a coordinación, o equilibrio, a velocidade, a forza, a destreza e a capacidade para manipular obxectos.
Educación Artística
Educación Física
4º e 5º de Infantil
6º de Infantil
4º e 5º Curso
Os alumn@s de 4º e 5º de E.P. no mes de setembro
traballamos a intelixencia cinestésico-corporal, para o cal nos centramos na MÍMICA.
A MÍMICA é un tipo de
expresión ou comunicación non verbal na que se recurre a xesticulacións e movementos corporais
para transmitir unha idea.
Investigamos
sobre o tema e descubrimos a MARCEL
MARCEAU, destacado mimo francés. Convertímonos en mimos e grabamos uns
vídeos que esperamos que vos gusten.
1º Curso
As familias
6º Curso
Comezamos un novo curso, con novas ilusións e novos proxectos por levar a cabo, un deles (na clase de 6º) é mellorar as relacións entre compañeiros. Aproveitando o traballo da intelixencia cinética levamos a cabo unha dinámica de grupo que nos pareceu moi divertida: cada alumno tiña que escribir no lombo de cada un dos seus compañeiros o que pensaba del. Aquí vos deixamos parte do movido proceso. Unha vez rematado analizamos os resultados en común, enxalzando os aspectos positivos que cada un ve en nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario