viernes, 28 de octubre de 2016

Lingüístico-Verbal


A INTELIXENCIA LINGÜÍSTICO-VERBAL permítenos comunicar, expresando con claridade pensamentos e sentimentos. Relacionar ideas e expresalas con palabras. Comprender, expresar e apreciar significados complexos.
É a habilidade que nos permite recordar, analizar, resolver problemas, planificar e crear.
Ademais é unha característica humana indispensable para a convivencia social.


Educación Física




Educación Infantil



Educación Infantil



4º / 5º / 6º Curso


No mes de outubro, traballando a competencia lingüística volvímonos algo poetas…

Velaquí algunhas das nosas creacións.




Educación Artística




1º Curso

Existen moitas formas para comunicarnos, e os alumnos de 1º, quixemos aprender unha das máis silenciosas... 
A lingua de signos! 
Aquí tedes a nosa presentación.


As Familias


viernes, 14 de octubre de 2016

Corporal-Cinestésica

INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA  é a habilidade para utilizar o noso corpo, tanto como medio de expresión, coma de medio para captar información. É unha forma de aprender e comprender a través da experimentación.
Algunhas das habilidades que destacamos desta intelixencia son a coordinación, o equilibrio, a velocidade, a forza, a destreza e a capacidade para manipular obxectos.

Educación Artística


3º Curso


Educación Física


4º e 5º de Infantil


6º de Infantil


4º e 5º Curso

Os alumn@s de 4º e 5º de E.P. no mes de setembro traballamos a intelixencia cinestésico-corporal, para o cal nos centramos na MÍMICA.
A MÍMICA  é un tipo de expresión ou comunicación non verbal na que se recurre a xesticulacións e movementos corporais para transmitir unha idea. 
Investigamos sobre o tema e descubrimos a MARCEL MARCEAU, destacado mimo francés. Convertímonos en mimos e grabamos uns vídeos que esperamos que vos gusten.


1º Curso




As familias




6º Curso

Comezamos un novo curso, con novas ilusións e novos proxectos por levar a cabo, un deles (na clase de 6º) é mellorar as relacións entre compañeiros. Aproveitando o traballo da intelixencia cinética levamos a cabo unha dinámica de grupo que nos pareceu moi divertida: cada alumno tiña que escribir no lombo de cada un dos seus compañeiros o que pensaba del. Aquí vos deixamos parte do movido proceso. Unha vez rematado analizamos os resultados en común, enxalzando os aspectos positivos que cada un ve en nós.