viernes, 14 de octubre de 2016

Corporal-Cinestésica

INTELIXENCIA CORPORAL-CINESTÉSICA  é a habilidade para utilizar o noso corpo, tanto como medio de expresión, coma de medio para captar información. É unha forma de aprender e comprender a través da experimentación.
Algunhas das habilidades que destacamos desta intelixencia son a coordinación, o equilibrio, a velocidade, a forza, a destreza e a capacidade para manipular obxectos.

Educación Artística


3º Curso


Educación Física


4º e 5º de Infantil


6º de Infantil


4º e 5º Curso

Os alumn@s de 4º e 5º de E.P. no mes de setembro traballamos a intelixencia cinestésico-corporal, para o cal nos centramos na MÍMICA.
A MÍMICA  é un tipo de expresión ou comunicación non verbal na que se recurre a xesticulacións e movementos corporais para transmitir unha idea. 
Investigamos sobre o tema e descubrimos a MARCEL MARCEAU, destacado mimo francés. Convertímonos en mimos e grabamos uns vídeos que esperamos que vos gusten.


1º Curso




As familias




6º Curso

Comezamos un novo curso, con novas ilusións e novos proxectos por levar a cabo, un deles (na clase de 6º) é mellorar as relacións entre compañeiros. Aproveitando o traballo da intelixencia cinética levamos a cabo unha dinámica de grupo que nos pareceu moi divertida: cada alumno tiña que escribir no lombo de cada un dos seus compañeiros o que pensaba del. Aquí vos deixamos parte do movido proceso. Unha vez rematado analizamos os resultados en común, enxalzando os aspectos positivos que cada un ve en nós.

No hay comentarios:

Publicar un comentario